"O Mudo ergueu a vista cara a min, intentando captar algún aceno de incomodo. Como eu lle alongase un zanco de polo, tranquilizouse e seguiu movendo os padaos con furia. Deixeino no comedor e fun despertar ó Vitiño.
-O papá volve mañá o máis tardar. E se cadra tráeche algo de Ourense.
Estarricouse e bocexou. Despois rillou as sopas que lles trouxo a nai. Non me cría. Os sucesos tremendos das últimas horas enchérano de desconfianza."
Bieito Iglesias, "A cruz de prata" en miss Ourense, ed. Galaxia, Vigo, 1994, páx.106
No hay comentarios:
Publicar un comentario