" Subiulle un lixeiro roibén ás meixelas.
-Pregúnteme algo do catecismo.
Pareceu gratamente sorprendido pola súbita conversión dun xurafás.
-¿O quinto mandamento?
-Hai anos que o seu antecesor me fixo esa pregunta na confirmación. Como era tan fácil, pediume un exemplo. Puxen por caso ó pecador que sabe dunha ponte falsa, a piques de caer, e, sen embargo, pasa arriscando alegremente a súa vida. Agora mesmo, estou pensando que ponte coller para chegar á miña casa do Ribeiriño. Traio un peso na conciencia. Un desliz cunha veciña do Castro. ¿Vostede cre que aguantará a Ponte Romana con esa carga?"
Bieito Iglesias, "A cruz de prata" en miss Ourense, ed. Galaxia, Vigo, 1994, páx.113
No hay comentarios:
Publicar un comentario