martes, 7 de junio de 2016

A roda e o andante

" Onde a cancela do rural, traballaba un afiador, poñéndolle un remendo a unha pota. (...)

  Saíu ó corredor unha señora para vixiar os traballos do paragüeiro.

  -Non a encha de auga ata dentro dun pedazo, senón estrágase o parche.

  A pota estaba picada coma unha regadeira, así que o afiador, precavido, colleu a roda e o andante. Cando a dona do sancristán comprobase a eficacia dos remendos, andaría por Luíntra.

  -Señora, mándanme facer averiguacións polo do Xeremías. Teño entendido que o seu rapaz foi que encontrou o morto."

Bieito Iglesias, "A cruz de prata" en  miss Ourense, ed. Galaxia, Vigo, 1994, páx.83

No hay comentarios:

Publicar un comentario