miércoles, 8 de junio de 2016

Ben escurriscado

"Os talentos do raparigo foron premiados cunha aperta e un cartolo de pan centeo, recén cocido, que alimentaba co cheiro. A sancristana convidoume a pasar á cociña. Había no chineiro un botellón con borras de licor café. Ben escurriscado, alcanzou para encher tres copas. Á parte do neno e da nai, estaba o sancristán, home soturno que non gastou palabras nin moveu un músculo cando lle fun presentado. Bebemos os grandes, e o anano mollaba sopas de pan nas nosas copas, colmándoas de faragullas. O silencio e os fociños do home, merecían unha explicación por parte da súa esposa."

Bieito Iglesias, "A cruz de prata" en  miss Ourense, ed. Galaxia, Vigo, 1994, páx.84

No hay comentarios:

Publicar un comentario