"Cando algún graxo se puña ó sol e se entretiña en matar polo sistema de uñate a cochumillada que lle proía no corpo, non faltaba compañeiro que lle adevertise o daño que estaba facendo, nestas ou parecidas palabras:
-Deixa as uñas pra mellor acasión; non trates tan mal a eses exércitos que nos defenden e gardan sin que coman rancho nin pidan plus, e que sin lle pasar revista de comisario teñen o armamento tan corrente, que non hai quen se estreva a chegar onda nosoutros."
Valentín Lamas
Carvajal: “Os graxos da Burga”, Gallegada. Tradiciós,
costumes, tipos e contos d´a terriña, Tomo I, Imprenta d´O Eco de Ourense,
1887, páx.98
No hay comentarios:
Publicar un comentario