sábado, 25 de abril de 2015

Mentirán

"Nin garelo de Betanzos, nin rillote de Santiago, e casi casi nin graxo de Ourense, chegaba, no tocante á trasnadas, xunta aquel laberco de Crispín.
  Mallaba nos pequenos, enguizaba ôs grandes, bulrrábase dos vellos, faguíalle palpadelas âs mozas, e sacaba a língoa  fora, cando o pai corría tras dil para ll´espantar as moscas.
  Non había niño, do cal él non soupera, froitas que non furtase, nin galiñeiro seguro.
  Cando non andaba ôs paxaros no monte, ou collendo pontegas, ou faguendo entre duas pedras papallós coas amoras das silveiras, andaba no río pescando troitas á mau nas raíces dos ameneiros, anguias ó tenedor entre os seixos, ou xa faguendo rabexar ôs muiñeiros, parándolles ó que elas non tiñan.
  Non se podía faguer bon dil, y-ó mesmo tempo, queríano como ao pan trigo, porque as graxadas faguíaas con inxéneo, que é ben certo aquelo de que, graxo e tonto, non pode ser, y ademais tiña un carís tan fermoso, que namoraba os cinco sentidos, pois non había raparigo con ollos tan churrusqueiros, beizos tan roxos, sempre con sonrisa bulrrona, e corpo tan garrido, apesare de andar co aqueles farrapos que, polas moitas portas que tiñan, deixaban ver mais do conveniente."

Heraclio Pérez Placer, "Mentirán", en Contos da terriña,  Biblioteca Gallega, Andrés Martínez Editor, A Coruña, 1895, páx. 63-64.

No hay comentarios:

Publicar un comentario