"A lei social dos graxos da Burga alcontrábase nesta frase espida de retóricas: "Todo é de todos". Naquela comandita non había ganancias nin perdas, nin capital nin traballo. Si un tiña a fertuna de arrapañar algunha cousa boa nunha taberna da vila, disfrutábana todos en amor e compaña, e probe do graxo que dinantes de chegar ó Casino se estrevese a pitiscar o que afanara; fose pan, fosen sardiñas, tal como se collera contra a voluntá do seu dono, prantábase no chau que facía de mesa e servíase por iguales anacos a tódolos socios. Non había hora fixa de xantar, porque moitos días non había de que. Os estómagos dos graxos da Burga, asemellándose ós corpos, estaban afeitos a non traballar a diario. Cando pasaba un día sin comer i ós máis deles se lle abría moito a boca, non levaban a ela as maus pola mor de que non as pagasen cunha dentada por ser as causonantes da fame que corría."
Valentín Lamas
Carvajal: “Os graxos da Burga”, Gallegada. Tradiciós,
costumes, tipos e contos d´a terriña, Tomo I, Imprenta d´O Eco de Ourense,
1887, páx.97/98
No hay comentarios:
Publicar un comentario