"Os graxos da Burga tiveron as súas malas épocas, e non deixaron de pasar os seus traballos.
Na Burga de Arriba, na cume da fonte había unha pedra longa dende que podía guiparse o que pasaba ó longo do Casino. Os rapaces de Ourense descubriron aquela cras de pena-vixía, lembrada Santardós, e pra atentar ós graxos armábanse de pedras e dende alí acantazábanos, berrando a todo berrar: "Luz ó Casino".
Aquela pedrea chegou a facer a delicia dos rapaces que andaban na escola do Rebolo, os que dinantes que chegase a hora de entre lusco e fusco, xa andaban axuntando municiós e xente que lle fose dar luz ó Casino.
Pra se librar dos cantazos, tiveron os graxos da Burga que facer unhas obras de reparación e defensa. Abriron unhos buratos na parede, e neles se metían engruñándose namentra que os pelouros estrondaban e rodaban pola cova embaixo."
Valentín Lamas
Carvajal: “Os graxos da Burga”, Gallegada. Tradiciós,
costumes, tipos e contos d´a terriña, Tomo I, Imprenta d´O Eco de Ourense,
1887, páx.98 -99
No hay comentarios:
Publicar un comentario