"Por este xeito viviron astra o ano de mil oitecentos coarenta e seis, en que, coa chegada do provincial de Ourense, desapareceron os graxos da Burga, que se convertiron en tambores e cornetas dempois de resistir un sitio posto en toda regra por un piquete de soldados.
Dende entonces non quedou dos graxos da Burga máis que a relembranza, anque algún deles dempois de que lle deron a ausoluta, si ben non pretendeu estabrecer a escola de novo, prauticou aquelas costumes, viviu naquela vida, e morreu en apinión de graxo da Burga enxebre.
Quedounos tamén ós fillos de Ourense, que dito sea sin ánemo de gabarnos, nin facemos como facían nin pensamos como pensaban, a condanada sona de graxos da Burga, pola que somos lembrados e conecidos nas vilas e aldeas da nosa terriña, sin xusticia e sin razón pra elo, como se ve polo que deixo dito."
Valentín Lamas
Carvajal: “Os graxos da Burga”, Gallegada. Tradiciós,
costumes, tipos e contos d´a terriña, Tomo I, Imprenta d´O Eco de Ourense,
1887, páx.100
No hay comentarios:
Publicar un comentario