Cando e quen empregou por primeira vez o termo “graxo”? Sospeitamos, e
argumentamos, que aqueles orfos que polo ano 1834 inauguraron a nosa propia
saga de pícaros, xa que a ironía que empregaron para darlle o nome de “Casino”
ao cavouco cabo das Burgas onde deron acubillo a tódolos vagos e famentos,
empregárona tamén para autodenominarse “graxos”, que como moi ben define Eladio
Rodríguez González, significa “graso, mantecoso, que ten grasa ou aspecto de
grasa”, nada máis lonxe dos seus corpos famélicos.
“Mentirán” de Contos da terriña, de Heraclio Pérez Placer, Biblioteca Gallega, Andrés Martínez Editor, A Coruña, 1895 (vía Galiciana), páx. 64
“Chinita” de Contos da terriña, de Heraclio Pérez Placer, Biblioteca Gallega, Andrés Martínez Editor, A Coruña, 1895 (vía Galiciana), páx. 124
"a alhaxa dos veciños que sempre tapaban e protexían as súas graxadas e bulras ós gardas do Municipio"
Francisco Álvarez de Nóvoa, "Turuleque", Pé das Burgas, 1896. (Desta edición, Biblioteca de La Voz de Galicia, 2002) páx.30
GRAXADA, substantivo derivado de “graxo.
As definicións que de "graxada" atopamos son as seguintes:
-Eladio
Rodríguez González (1958-1961): Diccionario enciclopédico gallego-castellano,
Galaxia, Vigo:
1.Acción propia del graxo. 2. Trastada, pillada, travesura de muchachos.
-X. L.
Franco Grande (1972): Diccionario galego-castelán, 2ª ed., Galaxia, Vigo:
1.Acción propia del graxo. 2. Trastada, travesura.
1.Acción propia del graxo. 2. Trastada, travesura.
-Leandro
Carré Alvarellos (1979): Diccionario galego-castelán e Vocabulario castelán
-galego, A Coruña, Moret: 1. Granujada, acción propia de graxo. Orense.
Tamén existe unha variante "grexada" recollida en Heraclio Pérez Placer en Contos, leendas e tradiciós, 1891, Imprenta de El Eco de Ourense (Obra narrativa en galego, 1998, Centro Ramón Piñeiro):
"o seu amigo, o seu irmán, compañeiro de estudios e grexadas" no seu relato "A...", páx. 269
"as valentías e as grexadas da súa mocedá" no seu relato "Ánxel", páx. 280
"os seus compañeiros de estudios e grexadas", "Ánxel", páx. 281
Tamén emprega, Pérez Placer, unha forma adxetivada, "agrexado/agrexada":
"-Está...-e, con agrexado mirar, adiantou a cara para Manoeliño."
Heraclio Pérez Placer, Contos da terriña, Editor Andrés Martínez, A Coruña, 1895, páx.37 ("Solfa")
"unha cara fermosa y agrexada que lle berra"
“Mentirán” de Contos da terriña, de Heraclio Pérez Placer, Biblioteca Gallega, Andrés Martínez Editor, A Coruña, 1895, páx. 67
Francisco A. de Nóvoa no seu relato "No Miño" (Pé das Burgas, páx. 85) presenta a forma "agraxada":
"resurxe unha agraxada cabeza que sacode as negras crechas"
Non queremos deixar de recoller unha variante que aparece en Heraclio Pérez Placer, que tanto gostaba de empregar o termo "graxo", e que neste caso empregaa con alternancia vocálica: "GREXO"
Heraclio Pérez Placer, Contos da terriña, Editor Andrés Martínez, A Coruña, 1895, páx.10
("Amor de fadas")
Heraclio Pérez Placer, Contos da terriña, Editor Andrés Martínez, A Coruña, 1895, páx.26
("Sr. Capitán")
Tamén en Heraclito Pérez Placer recollemos unha forma verbar derivada de "graxo":
Heraclio Pérez Placer, Contos da terriña, Editor Andrés Martínez, A Coruña, 1895, páx.31
("Cereixas")
Francisco A. de Nóvoa no mesmo relato citado con anterioridade ("No Miño", páx. 85) usa a forma derivada "graxería":
"salientan os tonos escuros da graxería..."
Para rematar con cuestións léxicas imos recuperar a palabra RILLOTE, que tanto no dicionario de Eladio Rodríguez como no de X.L Franco Grande citados, aparece como sinónimo a forma "graxo":
Definición: Muchachuelo de la calle que no tiene modales y vive en la vagancia. GRAXO.
Definición: Muchachuelo de la calle que no tiene modales y vive en la vagancia. GRAXO.
No hay comentarios:
Publicar un comentario