"Tampouco andaban mui sobros de roupa: prós sete non tiñan máis que tres mudas, compostas de tres pantalós, tres chaleques, tres chaquetas e tres gorras escalazadas; e nada ten de extrano que a esto lle chamasen mudas, porque seu traxe era feito polo xastre e do mesmo pano co que visteu Adán no Paradiso; quero dicir que dos sete, catro andaban en coiro, pois o turno pra mudarse non chegaba máis que a tres.
Os que andaban de roupa nova tiñan que facer o servicio por fóra; os demais quedaban de centinela gardando a entrada e saída do Casino pola mor de que ninguén se colase por el embaixo, cousa que socedeu poucas veces, e cando socedeu, sin que os graxos lle batesen, o que tal fixo levou que rascar pra unha tempada."
Valentín Lamas
Carvajal: “Os graxos da Burga”, Gallegada. Tradiciós,
costumes, tipos e contos d´a terriña, Tomo I, Imprenta d´O Eco de Ourense,
1887, páx.98
No hay comentarios:
Publicar un comentario