"Cando o barco desatracou do porto, que xa non se parecía nada a aquel no que atracara hai, cantos anos? María, como un anxo da garda, dicíalle adeus con bágoas nos ollos. A Aurelio pareceulle ver a Sara, un rostro cos ollos engradados, unha figura querida levada polo vento. Así foi. A Sara traíaa o vento cada mañá. A súa substituta protexida por Aurelio até chegar a Ourense, tomou posesión do pazo de seu."
Mª Xosé Queizán, A boneca de Blanco Amor, ed. Galaxia, Vigo, 2014, páx.117
No hay comentarios:
Publicar un comentario