lunes, 23 de marzo de 2015

A boneca de Blanco Amor


"Chega a Chile Aurelio de Andrada no ano 1892. Non vai escribir ningún libro, pero será fundamental na creación dunha importante novela galega: A esmorga."

Mª Xosé Queizán, A boneca de Blanco Amor, ed. Galaxia, Vigo, 2014, páx. 72


(Imaxe da cuberta: A partir do cadro Retrato de Margaret Stonborough-Wittgenstein de Gustav Klimt, 1905)

"Estamos ante unha novela onde a historia e a ciencia se mesturan coa literatura, o ensaio coa ficción, a realidade coa fantasía, a orixe do relato co seu final. A boneca que dá título ao libro, e que tamén é a xénese do texto, viaxa de Punta Arenas, en Chile, ao Pazo dos Andrada, onde vai xogar un decisivo papel na obsesión sexual dun dos personaxes de A esmorga e, talvez, no seu dramático final. A obra mestra de Blanco Amor señorea toda a novela de María Xosé Queizán, estendéndose de forma analéptica até a inaugural viaxe de Magalhaes. Información, coñecemento, historia e figuración, de todo hai nesta novela que preludia A esmorga e a prosegue ao desenvolver a vida do señor de Andrada, dono da boneca, un personaxe que Blanco Amor só nos permite enxergar entre fumes opiáceos, e neles abandónao."

Contraportada da novela

No hay comentarios:

Publicar un comentario