domingo, 18 de mayo de 2014

Ourense, cidade perola d´o Miño

A foz d´o Miño o vir do cheomare
unha cuncha co´a perola, arrastara,
mais cando delo a cuncha percatara
e triste comenzábase laiare,

ouviu d´o Miño a y-auga así cantare:
"Abur, Galiza, abur; quén non marchara!
Outra vez cara ti rubir voltara!
Abur, naiciña, pol-o acedo mare

deixo teu colo cheo de cheirumes"
Probou a cuncha a y-auga d´a riada
e achou nela enlevantes docedumes;

marchou despois moi leda río enriba, 
e d´o chan tan fermoso enfeitizada
deixou a súa pérola na riba.

José Rubinos, Cantigas de novo xeito vello, (Canciones de nuevo modo viejo) La Habana, Impr. Ucar García, S.A., 1959
(Extraído do libro: Ourense, craro río, verde val; escolma de Marcos Valcárcel
Concello de Ourense, marzo 2001, páx. 54)

No hay comentarios:

Publicar un comentario