domingo, 25 de mayo de 2014

A Ponte

Pente do vento. Xugo da saudade
que choran os teus ollos entre os montes.
Ponte de pedra, catedral das pontes,
espadela do pranto da cidade.

Ancorada no sono. Mocidade
brincadeira de ríos e de fontes.
Pomba devanadoira de horizontes
que voa dende o tempo a eternidade.

Cantas veces de neno eu perseguía
na ribeira do río a algarabía
dos vencellos no ar engaiolados.

Fuxiron os paxaros pola noite,
e non hai, ponte vella, quen escoite
os seus chíos no tempo sulagados.

Manuel de Dios Martínez, Sete poetas ourensáns,  1992
(Extraído do libro: Ourense, craro río, verde val; escolma de Marcos Valcárcel
Concello de Ourense, marzo 2001, páx. 98)

No hay comentarios:

Publicar un comentario