"Este foi o primeiro texto que Blanco-Amor escribiu despois de A Esmorga. O autor contoulle a Carlos Casares que cando se decatou "xa a obra iba pola páxina coarenta, ou sexa, que predominaba aínda o pulo do relato estenso". Coa súa indudable mestría narrativa, converteuno nun conto intenso, de ben trabada estructura, que revela a opacidade dun mundo miserento, característico do universo literario de Blanco-Amor. (...)
O título do conto reférese a unha repulsiva experiencia do protagonista, pero no contexto narrativo parece que é algo máis que unha vivencia existencial da súa adolescencia; e tamén unha imaxe do mundo. O relato ten unha gran carga dramática polo que non conta, polo que cala e deixa entrever. A forza do relato está no seu poder de suxerencia.
O mutismo do rapaz ante a súa nai e a decisión de non voltar á casa da vella son mostras da repulsa que sente ante unha realidade incontrovertible que afronta só. O mundo no que se move o protagonista está cheo de carencias e miserias: non hai cores, nin xogos, nin case outros rapaces; a tristura arrodea a vida dos personaxes. Só a fealdade e maila repugnancia teñen cabida naquel tobo no que Abelardo pasa os días traballando. A tenda é un espacio pechado, onde está o pan de cada día que ha de levar á casa. A sensación que sente resume a súa vivencia de rapaz privado dos xogos, metáfora dunha vida escura e triste. (...)
Neste relato hai un descobremento do sexo nun dos seus aspectos máis sórdidos. Esta primeira experiencia do protagonista, víctima da lubricidade da vella, é amarga e frustante. A aprendizaxe sexual é unha experiencia tamén "a rentes do chan", nesa atmósfera enrarecida que esmaga a vida de Abelardiño. O sexo como noxo e non como gozo convértese nunha vivencia nauseabunda que pode marcar as relacións do suxeito co mundo e configurar unha determinada biopatoloxía do individuo.
O conto garda unha remota semellanza con La Nausée de J.P. Sartre. Ambos protagonistas viven en soedade, teñen sensacións parecidas e tamén o sexo preséntase como algo rutinario e sórdido. Aínda que as situacións sexan distintas e na novela sartreana o protagonista sexa un adulto, mentres que no relato é un neno, nas dúas obras o mundo aparece como un espacio anguriante e viscoso. A relación de Antoine Roquetin co mundo é de estrañamento, mentras que Abelardiño, indefenso e feble, está xa dentro dese mundo."

Xavier Carro, A obra literaria de Eduardo Blanco-Amor, ed. Galaxia, Vigo, 1993, páxs. 103-105
No hay comentarios:
Publicar un comentario