viernes, 23 de mayo de 2014

Ás alancadas

"Seguía a barallar cando xa iamos pola vía do tren. Il ía ás alancadas, dunha travesa noutra, pro eu tiña as pernas curtas e daba unha pasada na travesa i outra nos seixos, como si coxease.

 A pouco andar desapartámonos do río e pronto me vin en terras descoñecidas, cheias de piñeiros, coa xiada ó pé; de lameiros con gado, de viñedos coas cepas estarrecidas i os bacelos nús con algunha folliña vermella tremando no cabo.

  O río voltou a aparescer máis adiante e xa non deixamos de velo. Viámolo dende enriba, correndo descontra nós, moi de vagar, cheio, agrisallado; somellábame moito máis vagoroso e triste que o que pasaba polo noso pobo; máis alleo, como si non fose o mesmo."

Eduardo Blanco-Amor, Os Biosbardos, ed. Galaxia, 1962, 12ª edición, "O encalatro", páxs. 40-41

No hay comentarios:

Publicar un comentario