“A señora Fermina (...)
Estaba decote
esbacalloada no sillón de xunqueiros, dos que tecían os portugueses na rúa de
Santa Eufemia, xa coas pallas desmaceladas polo veiril de enriba, onde os
xuncos van grosos e curvados cun aquel de cousa luxosa.
Da taberna dos Habaneros ou dos maricós, como tamén se lle chamaba, que estaba a carón, viña o cheiro dos callos, a eso das doce, enchendo a rúa de Arcedianos, estreitiña, coasi un calexón.”
Eduardo Blanco-Amor, Os Biosbardos, ed. Galaxia, 1962, 12ª edición, "O noxo", páx. 26
No hay comentarios:
Publicar un comentario