"Conque botamos a andar comendo as castañas e aproveitando as raxeiriñas do sol mixeirento que daba no cruce das rúas. E foi nesas onde escomenzou o encalatro.
Púxose a dicir que tiña un avó que era home de moita riqueza, que nin sabía canto tiña; que vivía nun grande pazo, con trinta ou corenta de servidume (...) Díxome que era perto de Barra de Miño e que se chegaba de contado botándose a andar pola vía."
Eduardo Blanco-Amor, Os Biosbardos, ed. Galaxia, 1962, 12ª edición, "O encalatro", páx.39
No hay comentarios:
Publicar un comentario