“Sucedeu en outubro
do 1850, o doce, creo recordar. Amencía e a luz do sol, ó ser peneirada polas
follas dos castiñeiros, producía unha luminosidade diáfana e metálica que é
propia do vento do norte. A criatura abrigábase cunha capa de pano ordinario
marrón, que logo eu lle había vender ó propio cura de Rebordechao, bo amigo
meu. Sempre tiven moi boas relacións coa clerigalla. (...)
Cando máis tarde Xosefa descubriu a capa
enriba dos ombreiros do reverendo, tiven que lle dicir que eu mesmo lla mercara
ó mozo, dándolle cinco pesos a conta e prometendo entregarlle o resto á volta
doutra viaxe, até completa-lo total pactado, porque este tipo de capas non se
estilaba no país onde o levara e alí non a precisaba, co que case que lle
fixera un favor.”
No hay comentarios:
Publicar un comentario