As irmás García Blanco eran fillas de Vicente
García e Rosa Blanco. Manuela, Benita e Josefa, todas elas asasinadas por
Romasanta. Tiveron, polo menos, cinco irmáns máis: Bárbara, María, Francisco,
José e Luís.
Manuela participará frecuentemente na venda
ambulante que fai Romasanta, recorrendo en múltiples ocasións xunto a súa filla
Petra os pobos máis próximos.
Manuela chegou a saír a vender ela soa polo
que en outono de 1846 Manuel quedará encargado da vixiancia da filla como tería
sucedido a miúdo. Cando regresa e non atopa a súa filla Romasanta xustifícase
dicindo que xa a enviou a Santander a servir cun cura como tiñan falado
recentemente que farían. Unha semana despois decide Manuela tomar o mesmo
camiño que a súa filla en busca tamén dunha mellor vida. Será nun lugar próximo
ao bosque da Redondela, próximo ao camiño que une Rebordechao con Gabín,
Fontedoso e Mazaira, xa en Montederramo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario