“De Bieita e Xosefa
dei tan boa conta como de Manuela. E dos corpos do dos seus fillos, Francisco e
Xosé, que levaban os mesmos nomes que os seus respectivos tíos, fixen os mesmos
anacos que xa fixera co de Petronila. É doado facelo, o costume axuda moito.
Ademais, os membros dunha mesma familia semellan todos cortados polo mesmo
patrón. (...)
Matei a Bieita e mailo seu fillo no Corgo do
Boi. (...)
Bieita e Francisco vivían en Soutelo Verde, no
concello de Laza, unha xornada andando dende Rebordechao, se un non se apura,
pois hai que abeira-la lagoa e iso leva sempre máis tempo do que un pensa.”
No hay comentarios:
Publicar un comentario