Asasinados no
Corgo do Boi.
Nacida o 6 de
maio de 1813 en Castro (Laza). Irmá de Manuela e Xosefa. Tiña un fillo chamado
Francisco, que figura como fillo de nai solteira, e que ten cando conta con 24
anos. Francisco nace o 13 de xuño de 1837 en Castro de Laza. Cando morre conta
tan só con 9 anos.
Casa
posteriormente con Francisco Núñez Somoza, pasando a residir a Souteloverde, de
onde era natural o seu home. Aínda que o
matrimonio non parece irlle moi ben ela seguirá vivindo entre Soutelo e Castro,
onde residen os seus pais.
Benita era a máis
pobre de todas as irmás, polo que non dubidará en insistirlle a Manuel en que
tamén a leve a ela a Santander. Menos de medio ano transcorrera, algunha carta
de Manuela que Romasanta trouxera, a posibilidade de ir traballar tamén a casa
dun cura, e a proximidade desta do lugar onde traballaba a súa irmá fixeron que
resultase moi apetecible a aventura de marchar tan lonxe da súa terra.
Benita, con case
34 anos, non tiña ningunha propiedade (nin gando, nin casa, nin terras) apenas
a pouca roupa que levaría con ela. O 12 de marzo de 1847 quedaron de verse nas
Arrúas, entre A Alberguería e Prado, xa que Romasanta partiría de Rebordechao,
e Benita desde Castro. Inicialmente
Bárbara García Blanco, irmá de Benita acompañounos cun asno ata o punto de
encontro, regresando logo a Castro. Ese mesmo día, como moito ao seguinte, na
matogueira chamada Corgo do Boi matouna a ela e ao seu fillo Francisco.
No hay comentarios:
Publicar un comentario