Nado en abril de
1829, era fillo de Josefa e sobriño de Manuela e Benita. Vivía en Castro de
Laza.
Morre o 16 de outubro de 1850, á idade de 20 anos, nas Gorvias. Tras
recibir uns meses antes carta das súas tías onde novamente contan o ben que
lles vai en Santander decide partir un 12 de outubro de 1850 (o fiscal Luciano
de la Bastida fala do 12 de novembro) na compaña de Romasanta. En Camba, a
localidade máis alta das terras de Laza serán vistos uns días despois. Nada
máis se volverá saber.
No hay comentarios:
Publicar un comentario