Despois da morte da súa muller, seguindo a
outros irmáns seus (aínda que pode que fosen estes quen tomen o modelo de
profesión de Manuel), dedícase á venta ambulante, recorrendo a provincia de
Ourense, o norte de Portugal, terras de León e Castela, e probablemente,
chegando nalgunha ocasión ate Santander. Entre os produtos que comercializa
atópanse roupas e panos. Sabemos que
nalgunhas das tendas nas que se aprovisiona son a de Francisco Morais e un tal
Sr. Domingo (na rúa Direita) en Chaves, e a de D. Miguel Sardo en Ponferrada
(“casa Alonso y Sardo”). A de vendedor ambulante será a profesión a que máis anos lle dedicara e que fará que domine
os camiños do norte da península. Con frecuencia irá acompañado dunha mula ou
un cabalo para pode transportar máis mercadoría.
Pouco despois de marchar de Regueiro comezou a
rumorearse que asasinara en Castela un antigo criado do prior de San Pedro de
Rocas, en Esgos. Durante o xuízo de Allariz negou telo matado, aínda que
recoñeceu telo visto en ocasións por León e Asturias, con tenda de panos e
outros xéneros. Chamábase Antonio o Frade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario