jueves, 14 de noviembre de 2019

Manuela García Blanco (I)


Segunda vítima. Asasinada no bosque da Redondela en outono de 1846.

Romasanta e Manuela coñécense en Rebordechao, onde manteñen unha relación sentimental. Pode ser que a esa altura viviran xuntos.  Manuela García Blanco, natural de Castro de Laza, nacera o 17 de decembro de 1799. Era case dez anos máis vella ca el, e cando se coñecen xa conta con máis de corenta anos.

Estivo casada inicialmente cun tal Pascual ( Merello ou N. segundo distintas versións). Non debeu durar demasiado o matrimonio. Tiveron unha filla, Petra, a primeira das vítimas de Romasanta. Arredor de 1838 casa novamente en Sta María de Rebordechao con Pascual Gómez. Tampouco durará demasiado este matrimonio.


Amonestacións da voda de Manuela con Pascual Gómez.
 Fonte: -Domínguez, José e Bustillo Roberto. Romasanta: Historia y leyenda. (Nuevos estudios, nuevos misterios) Ed. Auria. Ourense, 2012. Páxs. 223+CD.


No hay comentarios:

Publicar un comentario