Antonia Rúa tiña mellor situación económica
que as anteriores vítimas xa que herdara ben. O 6 de xullo de 1845 morre Benita
Caneiro, a nai de Antonia e Josefa, deixándolle todo a elas como recolle o
libro de defuncións da parroquia de Rebordechao. Serán taxados en 600 reais
cando sexan comprados por Romasanta antes da partida. Serán as súas terras nas
que traballe Manuel Blanco ata que teña que fuxir de Rebordechao.
Partida de defunción da nai de Antonia. Fonte: -Domínguez, José e Bustillo Roberto. Romasanta: Historia y leyenda. (Nuevos estudios, nuevos misterios) Ed. Auria. Ourense, 2012. Páxs. 223+CD |
A novidade neste caso é que parece que o
destino final era bastante máis preto, Ourense, aínda que tamén con bo amo e en
boa casa. En definitiva, unha vida bastante mellor que a que levaba en
Rebordechao. Tres días despois do Domingo de Ramos de 1850 parten os tres cara
o novo destino. Romasanta, Antonia e a súa filla Peregrina. A filla maior,
María, quedará cos seus tíos. Será no bosque denominado As Gorvias entre
Rebordechao, e Gabín e Fondoso.
Antonia Rúa Caneiro nacera o 7 de xuño de 1813
en Rebordechao. Era filla de Crisanto e Benita. Tiña unha irmá, Josefa, casada
en Rebordechao con Lino González.
A súa primeira filla, María Dolores, tívoa con 26 anos. Peregrina naceu en 1847, cando andaba sobre os 34.
No hay comentarios:
Publicar un comentario