martes, 26 de noviembre de 2019

Antonia Rúa Carneiro e a súa filla Peregrina (I)


Asasinadas nas Gorvias.

Antonia Rúa e Manuela Blanco eran comadres, o que implicaba unha intensa relación familiar. Romasanta e Antonia coñécense en Rebordechao, onde manteñen unha relación sentimental a partir de finais do 46 ou principios do 47. Parece ser que en distintas ocasións falaran de plans de voda. Antonia Rúa, coñecida como “A Vienesa”, nada en Rebordechao en xuño de 1813, catro anos máis nova ca Romasanta, cando se coñecen apenas pasa dos trinta. Era solteira e nai de dúas fillas. Podería ser que unha delas, María, fose de Romasanta. Aínda que pola data de nacemento desta, ala por 1839, parece pouco probable. A outra chamábase Peregrina.

Partida de Bautismo da Vienesa.
Fonte: -Domínguez, José e Bustillo Roberto. Romasanta: Historia y leyenda. (Nuevos estudios, nuevos misterios) Ed. Auria. Ourense, 2012. Páxs. 223+CD


No hay comentarios:

Publicar un comentario