miércoles, 6 de noviembre de 2019

Entre pelouros e valgadas

“Andamos dúas xornadas, ela e mais eu, pola serra, sen que nada pase. Eu vou diante, detrás ela, a poucos pasos. Entre pelouros e valgadas, non paramos case en todo o día até chegarmos á miña matogueira. Entramos na fraga de Nescián. Chegamos para facer noite, tras do luscofusco, á Corga do Boi, un clareiro espido de seixo, chantado entre os vultos mestos e retortos das carballas centenarias. Unha espesa follaxe que a contada raiola do luar dá en atravesar malamente. Axiña facemos lume, unha boa fogueira para espaventar os bechos e a friaxe, que a noite refrescou abondo.  Xantamos do que levamos connosco, tomamos un grolo de viño.”

Ramón Caride. “Otsabilko 20.51”. En V.V.A.A. Contos do Sacaúntos. Romasanta, o criminal. Urco editora. 2016. páxs. 24.

No hay comentarios:

Publicar un comentario