“Pero este home veu
prendido polos gardas desde Castela e negando ser quen era. E foi entrar nos
lindes galegos e vir cara a nós e confesar o seu nome e recoñecer nove
asasinatos e máis aínda, acusouse de todas aquelas mortes que se lles apuxeran
aos lobos nos lugares que frecuentara el por aqueles tempos. E relatou sen
tremerlle a voz nin un só momento como dera morte a todas estas persoas, entre
criaturas e adultas, como enganou, roubou e se lucrou e todo o fixo baixo unha
maldición que lle daba forma física de lobo e que o organizaba nunha pequena
manda xunto con outros dous máis, tamén homes e tamén lobos. A súa
tranquilidade foi o máis agoniante, as horas que levou a indagatoria, as vistas
e o xuízo non lle moveron un só cabelo do seu sitio, en ningún intre se
incomodou.”
No hay comentarios:
Publicar un comentario