jueves, 18 de julio de 2019

Besbellando antes. Moito.

“Non me resulta difícil imaxina-los meus tres paisanos ocupados en me denunciar dediante do alcalde de Nombela. Podo velos besbellando antes, entre eles, mentres manteñen dobrados os seus corpos enriba do trigo alto, antes de humillalos sobre o suco enxoito para acadar coas súas mans zurdas os pés das espigas e apreixalos nun feixe que han erguer do chan en medio de estrepitosos alasares e baixo un sol, baixo unha luz, allea, de tan forte, ós seus ollos e mais tamén ós meus. Podo velos pola noite, encolleitos sobre o chan e ó amparo das súas mantas, falando dos pros e dos contras que a súa acción de denuncia poida depararlles. Moito tiveron que falar antes de se decidir a ela. Moito.”

Conde, Alfredo.  Romasanta. Memorias incertas do home lobo. Ed. Sotelo Blanco. 2004. páx. 43

No hay comentarios:

Publicar un comentario