“E no camiño de
entrada a Portugal hai, moi pretiño da entrada de Chaves vindo desta serra,
unhas boticas nas que se custodian, en frasco alto e opaco, remedios para os
males todos. Hai que saber que contrasinal dicir cando se peta tres veces na
porta traseira, xa mediada a noite, todo escuro, e un ollo pregunta quen vai
desde o outro lado. Alí venden apócemas para males de cabeza e do corpo,
unturas para o espírito, tónicos e tinturas que poderían arranxar doenzas
profundas con só empapar apósitos e deixalos pegados á pel. (...) Pasadas as
doce, toc toc toc e quen esperta as ánimas?, e dicir o nome secreto, ábrese un
rocho moi escuro e de moita contención. Un cheiro inmundo. Estes boticarios
venden, pero tamén mercan. O delito non é este contrabando senón que está na
mercadoría. Todo é gris cinza, amarelo unto, vermello sangue.”
No hay comentarios:
Publicar un comentario