lunes, 1 de julio de 2019

Máis sospeitas


·         Cando lle requirían detalles daquelas terras amosábase impreciso e procuraba evitar demasiados detalles.

·         Un primo de Blanco recordoulle un día ao cura Pedro Cid as sospeitas que había sobre Romasanta a conto da morte do alguacil de León.

·         En marzo do 51 o frustrado intento de viaxe dun home coñecido como “Surtú” indica a desconfianza que xa había. Unha vez cancelada a viaxe en Montederramo Romasanta dille a este que partira cara a pousada de Fontedoso que alí lle aparecería el. Ao non aparecer, Surtú tivo que ir a buscalo a Mazaira dende onde fixeron xuntos o camiño de regreso. En todo momento Surtú o fixo camiñar diante para non perderlle a pista nin un momento pois xa desconfiaba de el.

No hay comentarios:

Publicar un comentario