Implica tamén
nestas mortes a dous homes valencianos: don Genaro e Antonio, dos que nunca
nada se saberá. Xustifica as morte debido a que se transforma en lobo por culpa
dunha “fada” que lle botara algún familiar directo trece anos antes, e que
afortunadamente viña de desaparecerlle o día de San Pedro de 1852 (29 de xuño).
Precisar que en ningún momento se lle deu credibilidade por parte dos
responsables das investigacións a esta xustificación por parte do acusado. O
que podía xerar algunha dúbida entre os incultos veciños dos pobos nin por
asomo foi barallada polos avogados,
fiscais e xuíces. Tan só nos meses finais do proceso na Coruña abriuse algunha
posibilidade a unha enfermidade psiquiátrica que puidese estar na raíz desa
crenza do Tendeiro de terse convertido en “home-lobo”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario