viernes, 26 de julio de 2019

Toledo (III)


Os dous acusados serán trasladados ante o xuíz de Escalona.  Son conducidos pola garda civil, policía rural creada no ano 1844. Pasarán a noite no cárcere de Escalona. Ao día seguinte mantén a mesma versión, aínda que recoñecendo que a documentación a nome de Manuel Blanco corresponde a un primo seu.

Despois de falar con distintas testemuñas que os frecuentaran durante eses meses  deixa en liberdade a Manuel García, ao tempo, o 8 de agosto de 1852, require ao Alcalde de Laza que busque información sobre o tal Romasanta e sobre o paradoiro das persoas desaparecidas, e decide pór ao tal Antón Gómez a disposición do xuíz de Verín, partido xudicial ao que pertence Montederramo, suposto lugar de nacemento do preso. A condución ata Verín efectúase con extrema vixiancia. Remite o expediente de 56 follas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario