martes, 2 de julio de 2019

O rumor


Con todo isto, e ante os constantes viaxes de Romasanta a Portugal empezouse a estender a rumor de que matara a todas as persoas as que acompañara na partida e das que pouco se sabía, e que lles extraera a graxa para vendela no país veciño, xa que por aquela estaba en auxe a súa compra para ser aplicada en certos medicamentos populares e en produtos cosméticos. E seica se pagaba moi ben por ela, especialmente no mercado negro se era graxa humana. Falábase dunha onza de ouro por cada onza de unto. De aí que comece a coñecerse a Manuel Blanco Romasanta co alcume de “o home do unto” ou “o sacamanteigas”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario