"O interrogatorio, que se fixo na cociña do cuartel da Forxa, segundo os informou o comandante Eloi, durou máis de sete horas. A eso das tres da mañá, cando xa contara todo o que sabía e estaba autorizado a deitarse e descansar antes de que chegasen os reforzos para o traslado á capital, o administrador pediu que o deixasen saír á horta a facer unha necesidade maior. (...) Saltou con disimulo a parede do fondo, pola parte máis baixa do muro, e pasou logo ó carreiro que alí separa a horta da nabeira veciña, que naquel lugar está cuberto polas ponlas de catro mazairas, botándose a correr a continuación monte abaixo en dirección a Filgueira, a pouco máis de tres quilómetros do lugar onde se atopaba."
Carlos Casares, Deus sentado nun sillón azul.
Ed. Galaxia, colección literaria, nº 138. 1ª edición, Vigo, 1996. Páx. 176.
No hay comentarios:
Publicar un comentario