"Ese home a quen quixo tanto, aí o ten, do outro lado da rúa. Segue na mesma posición que adoptou cando se foi o seu cuñado Eloi hai uns minutos. Desde entón está repregado sobre si mesmo, sentado no sillón azul, coa man dereita metida entre as pernas e a esquerda amparando a cabeza, que lle cae cara a aquel lado. Ata hai a penas uns segundos, non se decatara de que un pouco máis alá, ó pé da lámpada do fondo, Mariana estaba chorando."
Carlos Casares, Deus sentado nun sillón azul.
Ed. Galaxia, colección literaria, nº 138. 1ª edición, Vigo, 1996. Páx. 192.
No hay comentarios:
Publicar un comentario