"Cando a manifestación se detivo diante do Goberno Militar, fíxose un momento de silencio que rompeu unha voz de muller que berrou algunha cousa entre os comunistas, os xudeos e os masóns. Nunha esquina do Parque escoitouse unha gargallada e case ó mesmo tempo abriuse un claro na concentración, como o refluxo dunha onda que se retira da praia."
Carlos Casares, Deus sentado nun sillón azul.
Ed. Galaxia, colección literaria, nº 138. 1ª edición, Vigo, 1996. Páx. 197.
No hay comentarios:
Publicar un comentario