"Cando xa se deixaran de ver, un día atopouno na Alameda falando desde o palco da música diante de máis de mil persoas. Tamén entón estivera observando os seus ollos. Miraba de fronte á multitude congregada ós seus pés e mantiña a man esquerda metida no peto da chaqueta mentres coa dereita executaba movementos rápidos de arriba a abaixo, cos dedos índice e polegar unidos polas xemas e formando un anel."
Carlos Casares, Deus sentado nun sillón azul.
Ed. Galaxia, colección literaria, nº 138. 1ª edición, Vigo, 1996. Páx. 193.
No hay comentarios:
Publicar un comentario