"Cando todo rematou, só quedaron en pé as paredes da fachada principal e unha parte da galería de atrás, que se librou, así como a adega, situada debaixo. O viño, polo tanto, non se perdeu nin catro xamóns nin a tulla do centeo, que quedou intacta. Tamén se salvaron dúas olas de chourizos do verán, que gardaban os atracadores no refuxio, igual que un touciño case enteiro e dous untos. O resto desapareceu, incluídos a roupa e os mobles."
Carlos Casares, Deus sentado nun sillón azul.
Ed. Galaxia, colección literaria, nº 138. 1ª edición, Vigo, 1996. Páx. 177.
No hay comentarios:
Publicar un comentario