"A contrariedade experimentouna ó descubrir que por primeira vez desde que o coñecera a el, sentía que aquela rapaza delicada e de porte distinguido, que sempre imaxinara como un retrato ou como unha pintura colgada dunha parede do salón na Casa Grande do Miño, tiña de pronto corpo de muller. (...)
Nunca se atreveu a confesarlle os motivos daquela reacción que el interpretou como un enfado ocasionado polas cousas que lle estaba contantado Mariana. Estivo a punto de facelo aquel último día que pasaron xuntos na casa de Sabucedo."
Carlos Casares, Deus sentado nun sillón azul.
Ed. Galaxia, colección literaria, nº 138. 1ª edición, Vigo, 1996. Páx. 190.
No hay comentarios:
Publicar un comentario