"Soamente modificou a súa posición no momento en que Antonio Montero dixo que un dos asasinos procedía de Madrid, que viaxara expresamente para cometer o atentado e que estivera na cidade facendo os preparativos durante unha semana, seguindo as víctimas pola rúa para averiguar os seus costumes e evitar así calquera fallo. (...)
Na manifestación que se organizou máis tarde, el ía en cabeza, ó lado do bispo e do coronel. Ela viuno pasar desde o alto das escaleiras do pazo episcopal."
Carlos Casares, Deus sentado nun sillón azul.
Ed. Galaxia, colección literaria, nº 138. 1ª edición, Vigo, 1996. Páx. 196.
No hay comentarios:
Publicar un comentario