"Ninguén na cidade se atrevería a mencionar unha soa acción reprobable ou degradante levada a cabo por aquel mozo no exercicio da súa actividade pública. O mesmo fiscal se viu obrigado a retirar da acusación unha das bases nas que descansaba a forza incriminatoria do seu discurso: que Antonio Salgado París fora o responsable de que os bombeiros disolvesen coas mangueiras de auga a un grupiño de mulleres que se manifestaron diante do concello, tocadas as cabezas cos veos e portando os misais e os rosarios nas mans, para protestar contra a retirada do Cristo das escolas."
Carlos Casares, Deus sentado nun sillón azul.
Ed. Galaxia, colección literaria, nº 138. 1ª edición, Vigo, 1996. Páx. 156.
No hay comentarios:
Publicar un comentario