"Contoullo a el despois da cea, cando quedaron sós e iniciaron o camiño de volta para a casa. El limitouse a escoitala con atención, para poñerse a falar logo do profesor Fernández Alba e da súa afección á caza da perdiz, algo máis grande que un pobre piollo, da que lle contara aquel algunhas aventuras, unha delas relacionada cun paisano de Ourense, criado nun cigarral toledano, que as mataba a pedradas."
Carlos Casares, Deus sentado nun sillón azul.
Ed. Galaxia, colección literaria, nº 138. 1ª edición, Vigo, 1996. Páx. 159.
No hay comentarios:
Publicar un comentario