"Abondará con que lle relembre unha soa vez a obriga que ten todo cristiano de dicir a verdade, para que Teodoro Bugallo, con quen coincide todos os anos na casa sacerdotal para facer exercicos espirituais, se sinta paralizado, collido entre os seus intereses materiais e a súa conciencia escrupulosa, a mesma que o levou a vencer o medo e presentarse en plena guerra civil no despacho do gobernador militar e pedirlle que cesasen tantas mortes innecesarias, unha alusión ás persoas que aparecían mortas nos barrancos do monte Furriolo, cara á parte de Celanova.
Carlos Casares, Deus sentado nun sillón azul.
Ed. Galaxia, colección literaria, nº 138. 1ª edición, Vigo, 1996. Páx. 172.
No hay comentarios:
Publicar un comentario