“e o predicador bermello anunciou
onte que o Ferreiro Novo e a súa muller e a súa filla terán de dar a alma esta
tarde na praza da Leña, ao se botar os pechos da noite; e entón saíron veciños
a cabalo, que din que El Rei de España anda facéndolle a guerra aos portugueses
na raia seca das terras de Calvos de Randín, para lle implorar o perdón; (…) e
o xastre de Grou é da idea de que o mellor que se pode facer polo Ferreiro é
irlle cosendo o manto para que poda entrar na groria vestido de festa.”
Carlos Casares, “San Pedro Novo”,
de Os escuros soños de Clío,
edicións do Cerne, Santiago, 1979, páx. 117-118.
No hay comentarios:
Publicar un comentario