jueves, 6 de julio de 2017

Entre apocalíptico e máxico

"Este último, fidalgo melancólico e tristón, tiña arredor de setenta anos, demasiado tempo para se entregar a cavilacións sobre unha morte que xa non podía tardar e un corazón algo chorimiqueiro e bastante traidor (...) e sentía un raro picapica no corpo e unha desacougante intranquilidade na alma cando pasaban máis de quince días sin que ocurrira algo capaz de estremecelo na paz tranquila e silenciosa do seu pazo. (...)

  Deste xeito, a historia de España de mediados do XVII tivo en Freixo un eco entre apocalíptico e máxico, que por un lado servíu para atrincherar a don Diego na estimación e o gozo virxiliano da súa aldea, e polo outro..."

Carlos Casares, "O avisador e o avisado", en  Os escuros soños de Clío, ed. do Cerne, 1ª edición, 1979, Santiago, páx. 44.

No hay comentarios:

Publicar un comentario