"A primeira marchara pola brava, cando todos esperaban moitas cousas del (que pintaba moi ben, escribía versos e sabía de números superiores) sin avisar nin dar razón de si mais que por terceiros, e eso cando pasaran xa varios anos da data da espantada. Un día chegou un señor da Peroxa a dar por encargo novas del, decindo que se atopaba ben e con diñeiro. Como mostra mandáballe ao seu pai un reló inglés de Armand Taylor 1738, comprado no Norte, que xa visitara en tres ocasións, e á súa nai uns pendentes de ouro."
Carlos Casares, "Un escritor didáctico", en Os escuros soños de Clío, ed. do Cerne, 1ª edición, 1979, Santiago, páx.93-94.
No hay comentarios:
Publicar un comentario