martes, 11 de julio de 2017

O cantón independente

"A parte final é unha historia do comercio en Ribadavia desde a invasión francesa hastra 1874, e na que se dedica especial atención a estudiar a título de exemplo, a figura de don Luis Meruéndano del Campo, ribadaviense hoxe esquecido, mitade tendeiro mitade abogado, que a fins da Primeira República declarou o cantón independente de Francelos, abaratando tanto os precios no día e medio que durou a tolada, que nese tempo tivo dabondo para endeudarse en máis de dez mil reás.

  Como se pode apreciar polo dito, trátase dun disparate puro e simple, do que ben pouco proveito se ha poder tirar."

Carlos Casares, "Un escritor didáctico", en  Os escuros soños de Clío, ed. do Cerne, 1ª edición, 1979, Santiago, páx. 97.

No hay comentarios:

Publicar un comentario